jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Novo brote en Verín con tres casos nunha familia e ascenden a tres os de Melón

Hospital de Verín. GSV
Hospital de Verín. GSV

A área Sanitaria de Ourense detectou un novo brote importado localizado no municipio de Verín despois do diagnóstico de tres casos dunha mesma unidade familiar. Mentres outro localizado en Melón suma tres afectados. 

Segundo informou a área Sanitaria de Ourense, no caso de Verín está activado o protocolo para o estudo, identificación e localización dos seus contactos máis estreitos co obxectivo de realizar as probas diagnósticas que sexan pertinentes. 

O tres pacientes, dous homes de 84 e 51 anos e unha muller de 76, atópanse en situación de illamento nos seus domicilios, monitorizados e a seguimento telemático polo persoal sanitario do seu centro de saúde. 

No caso do brote de Melón ascende a tres o número de afectados despois o diagnóstico dun primeiro caso de Covid-19 o pasado luns e que na actualidade afecta a dous homes de 73 e 43 anos e a unha muller de 66, todos dun mesmo núcleo familiar e que teñen a súa residencia nese municipio ourensán. 

Neste momento, indican as mesmas fontes sanitarias, o tres pacientes "están en situación de illamento domiciliario controlados e monitorizados telemáticamente en todo momento e a seguimento polo persoal sanitario do seu centro de saúde". 

A aparición deste brote, concretan as mesmas fontes sanitarias, provocou que Sanidade, "como medida preventiva, ordenase desde o luns a restrición total nas visitas e nas entradas e as saídas da Residencia Santa María de Melón co obxectivo de preservar a saúde e seguridade dos residentes e traballadores do centro". 


INACTIVOS 

Pola súa banda, cumpridos os prazos de tempo correspondentes aos períodos de illamento dos pacientes e á realización das respectivas probas diagnósticas, quedan inactivos varios brotes na provincia de Ourense. 

En concreto, ao primeiro brote de Beariz, que quedou inactivo hai unha semana, súmanse agora os de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, San Cibrao das Viñas e outro familiar de Ourense que afectou o seu momento a cinco pacientes. 

Novo brote en Verín con tres casos nunha familia e ascenden a tres...
Comentarios