martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

A oposición pide "salvar O Oribio" e o PP asegura que é un proxecto do bipartito

Nevada en la Serra do Oribio, en Triacastela. MARÍA JOSÉ BLANCO
Nevada en la Serra do Oribio, en Triacastela. MARÍA JOSÉ BLANCO
Os populares lamentan segura que é un proxecto "autorizado en 2007" cunha decisión "que non se pode contradicir" 

Os grupos da oposición no Parlamento galego (PSDEG, Común da Esquerda, BNG e mixto) uníronse ás reclamacións da plataforma Salvemos O Iribio para demandar un freo ao parque eólico nesta serra do leste de Lugo, nos concellos de Samos e de Triacastela

Pola súa banda, o PP asegurou que é un proxecto "autorizado en 2007", durante o Goberno bipartito de PSOE e Bloque, cunha decisión "que non se pode contradicir". Respecto diso, engadiu que foi tramitado nun momento no que aínda non estaba prohibida a instalación de aeroxeradores en espazos protexidos. 

A iniciativa, debatida na xornada do martes do pleno pero que se votará este mércores, partiu do Grupo Común da Esquerda, cuxo deputado Antón Sánchez denunciou o "espolio directo" do vento por parte de amigos "do PP", en relación á empresa que proxecta este parque e que o fixo avanzar cunha tramitación administrativa "escandalosa". 

Por parte do grupo mixto, Paula Vázquez Verao criticou este atentado "ecolóxico e social", mentres que a socialista Patricia Vilán subliñou que o seu grupo está "totalmente a favor dos parques eólicos" e das "enerxías renovables" pero mostrou a súa oposición á colocación destas instalacións en Rede Natura. 

A nacionalista Olalla Rodil, igualmente, subliñou o seu "rexeitamento" á construción de parques eólicos "en espazos naturais protexidos de enorme valor".

"AMIGA DO BIPARTITO". Para rematar interveu a popular Marta Nóvoa, quen replicou a Sánchez que a compañía "sería empresa amiga do Goberno bipartito, que foi o que autorizou en 2007 a licenza deste parque", nun momento en que non estaba vetada a instalación de parques en espazos protexidos. 

Ademais, argumentou que a Xunta mantense "vixiante" con este proxecto, como "con todos", para que se cumpran "todos os requirimentos" e que conte con todos "os informes". 

A oposición pide "salvar O Oribio" e o PP asegura que é un proxecto...
Comentarios