lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Outras nove mortes elevan a 960 as vítimas do covid en Galicia

O Chuac da Coruña. EFE
O Chuac da Coruña. EFE

A morte de nove persoas eleva este mércores a 960 os falecementos de pacientes aos que se lles diagnosticou coronavirus desde o inicio da pandemia.

A Consellería de Sanidade informou destes decesos a última hora da tarde do mércores, nun día no que, para conter a propagación do virus, a Xunta anunciou o endurecemento das restricións desde o vindeiro venres e durante un mes nunha comunidade na que os contaxios están de novo por enriba dos 600 diarios, á vez que crece a presión hospitalaria.

Catro dos últimos falecidos estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña: son catro mulleres, de 84, 86, 88 e 101 anos.

Outros dous pacientes estaban no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi): unha muller de 81 e un home de 75 que procedía da residencia intervida de Salvaterra de Miño.

Os outros falecidos son un home de 70 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), unha muller de 93 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) —procedente da residencia Nosa Señora dos Milagres de Barbadás— e un home de 78 ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Segundo o Sergas, todos tiñan patoloxías previas.

Outras nove mortes elevan a 960 as vítimas do covid en Galicia
Comentarios