lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

O Parlamento galego pide por unanimidade que Vulcano pague aos seus traballadores

Astilleros de Vulcano. ADP
Astilleros de Vulcano. ADP

O Parlamento tamén pide ao Goberno galego que solicite a retirada do ERTE de Bosch en Vigo

O Parlamento galego aprobou por unanimidade sendas propostas do BNG e PSdeG co fin de que, respectivamente, se axilice a mesa de traballo da Xunta con Poligal, así como para que o Goberno galego busque un acordo con Vulcano co fin de que se abone o que debe a traballadores e empresas auxiliares. 

Toda a Cámara apoiou unha proposta socialista pola que se empraza á Xunta a tomar a iniciativa para reunir a todas as partes implicadas na situación de Vulcano e se alcance un acordo que permita aos traballadores cobrar os salarios que lles deben, así como o pago a provedores e empresas auxiliares. 

O socialista Abel Losada chamou a atención sobre a "situación crítica" que vive o estaleiro, mentres o persoal acumula cinco nóminas impagadas e sen garantías de financiamento para terminar o ferry actualmente en construción. Por iso, empraza á Xunta a actuar porque a súa implicación "é cero".

OUTRO ACORDO UNÁNIME 
Nesta comisión tamén houbo outro acordo unánime, neste caso tras unha iniciativa de En Marea, pola que a Cámara insta á Xunta a solicitar a retirada do ERTE de Bosch no seu centro de Vigo para garantir o mantemento dos postos de traballo. 

Así mesmo, empraza a establecer unha mesa de traballo cos representantes de traballadores e empresas das que contratan os seus servizos neste sector do telemarketing para chegar a acordos. 

O Parlamento galego pide por unanimidade que Vulcano pague aos seus...
Comentarios