Tres persoas trasladadas ao hospital tras unha colisión múltiple no Porriño

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 1 da PO-510 ao redor das catro da tarde deste luns

Tres persoas tiveron que ser trasladadas a un centro médico tras resultar feridas logo dunha colisión por alcance na que se viron implicados tres vehículos en nbsp;O&Porriño, segundo informou o 112 Galicia.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 1 da PO-510 ao redor das catro da tarde deste luns.

O 112 Galicia deu aviso á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil, Bombeiros do Porriño e ao servizo de mantemento de estrada.