miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Piden 2,5 anos para un empresario que estafou a Xunta con facturas duplicadas

Audiencia Provincial da Coruña. ARQUIVO
Audiencia Provincial da Coruña. ARQUIVO

As súas empresas emitiron facturas duplicadas, de maneira que pretendía cobrar, polos mesmos servizos, tanto á organización dun Congreso como á propia Xunta

A Fiscalía solicita dous anos e medio de cárcere e o pago dunha multa de 5.400 euros para un empresario acusado de falsidade en documento mercantil e estafa, e que será xulgado este xoves na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela. 

Segundo o escrito de acusación pública, tres empresas das que M.C.R. era administrador foron contratadas pola sociedade que organizaba o Congreso de Análise sobre Latinoamérica-Construyendo Eurolat, que se celebrou en Santiago entre o 24 e o 29 de xaneiro de 2009. 

Entre os servizos que prestaban as empresas do acusado estaba a compra de billetes de avión para os asistentes ao evento, aloxamento en hoteis e manutención, aluguer de salas e servizo de azafatas, traslados en bus ou guías para excursións. 

O acordo entre a empresa organizadora e o acusado era que algúns servizos se lle facturarían á organización e outros á Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia

Con todo, as empresas de M.C.R. emitiron facturas duplicadas, de maneira que pretendía cobrar, polos mesmos servizos, tanto á organización do Congreso como á propia Xunta. De feito, a administración autonómica chegou a abonar, por esas facturas, case 40.000 euros, mentres que a sociedade organizadora do evento deuse conta do engano e negouse a pagar (de feito, as empresas do acusado promoveron un proceso monetario nos xulgados de Madrid para reclamar eses abonos). 

Por estes feitos, a Fiscalía considera ao acusado autor dun delito continuado de falsidade en documento mercantil, en concurso cunha tentativa de estafa, e pide que sexa condenado a dous anos e medio de cárcere, e ao pago dunha multa de 5.400 euros. 

Piden 2,5 anos para un empresario que estafou a Xunta con facturas...
Comentarios