domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Piden á Xunta prohibir a pirotecnia para "protexer" a persoas vulnerables e animais

Un can. AEP
Un can. AEP
A Asociación Animalista Libera propuxo seguir o exemplo do Goberno arxentino

A Asociación Animalista Libera avanzou este domingo que trasladará unha proposta á Xunta, ao Parlamento galego e á valedora do Pobo para substituír os espectáculos pirotécnicos por outros "menos lesivos" para "protexer" a persoas vulnerables e animais, especialmente en celebracións como o Día do Apóstolo e, incluso, o Nadal. 

A organización aposta por seguir o exemplo do Goberno arxentino, que prohibiu recentemente á administración pública a realización de espectáculos con "estrondo" ou "sonoros". 

Desta forma, Libera propón restrinxir o emprego de produtos que xeren máis de 80 decibeis xa que a OMS indica que "un son superior a 85 decibeis supón un risco de perda auditiva se se repite no tempo". 

Segundo a entidade, os espectáculos pirotécnicos poden superar os 110 decibeis, "con risco de dano inmediato" tal e como recolle a Comisión de Audiología da Sociedade Española de Otorrinolaringología.

Libera engadiu que os efectos contaminantes da pirotecnia son tamén unha razón "de peso" para a súa prohibición

PERSOAS CON TEA, HIPERACUSIA E ANIMAIS, OS MÁIS SENSIBLES. Ademais, a asociación advirte que a reacción é maior en animais pois son "máis sensibles ao ruído" e os estrondos poden causarlles "ataques cardíacos e a morte", e en persoas con TEA ou hiperacusia, nas que o efecto pode chegar a sufrimentos "físicos a través de golpes ou autolesiones" aparte do sufrimento emocional. 

Libera engadiu que os efectos contaminantes da pirotecnia, derivados da combustión dos elementos usados na fabricación dos artefactos, como o aluminio ou o cloro, son tamén unha razón "de peso" para a súa prohibición. 

Piden á Xunta prohibir a pirotecnia para "protexer" a persoas...
Comentarios