martes. 10.12.2019 |
El tiempo
martes. 10.12.2019
El tiempo

Podemos posiciónase co comité electoral de En Marea

Gómez-Reino
Gómez-Reino

A formación dirixida por Antón Gómez-Reino demanda unha "pronta e transparente solución"

A dirección de Podemos Galicia difundiu un comunicado dirixido ás persoas inscritas no que fai unha "lectura clara" do sucedido coa suspensión das eleccións á dirección de En Marea, espazo de confluencia, que se debían celebrar a fin de semana. 

Deste xeito, o escrito sinala que horas antes do inicio da votación o comité de garantías de En Marea "solicitou paralizar as primarias" ante o que o comité electoral, "único órgano lexitimado para suspender o proceso" decidiu, tras analizar a cuestión, non atender esta petición por considerar que se daban as condicións para continuar co proceso. 

"Apenas dúas horas despois da apertura da votación -o sábado entre as 9 e as 11 púidose votar- a dirección saínte de En Marea decidiu paralizar e suspender as votacións por requirimento do presidente do partido instrumental ao organismo encargado de xestionar a votación telemática, contradicindo así ao comité electoral de En Marea, único órgano lexítimo para tomar esa decisión", sostén Podemos na comunicación aos seus inscritos. 

Ante esta situación Podemos Galicia demanda unha "pronta e transparente solución" e que as persoas inscritas en En Marea poidan votar con garantías no proceso de renovación dos seus órganos de dirección. 

A versión de Podemos contrasta coa postura oficial da dirección, xa que Gonzalo Rodríguez, integrante da coordinadora de En Marea, insistiu esta mesma mañá en conferencia de prensa en que é o comité de ética e garantías da formación a quen compete velar polas garantías e a ética e a el están supeditados outros órganos, incluído o comité electoral. 

De feito, segundo Rodríguez, no comité electoral parece que "queren constituírse nun poder totalitario que non dá contas a ninguén". 

Podemos posiciónase co comité electoral de En Marea
Comentarios