sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Pontón: "Non vou entrar en ningunha controversia con Fernando Simón"

Ana Pontón. LAVANDEIRA JR (EFE)
Ana Pontón. LAVANDEIRA JR (EFE)
A líder do BNG agradeceu o "inmenso traballo" dos profesionais da sanidade pública galega e lembrou que "os recortes están aí"

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, sinalou este sábado que non vai entrar en controversia algunha co director do Centro de Coordinación de Alertas e Urxencias Sanitarias, Fernando Simón, que aplaudiu o xeito en que a Comunidade galega xestionou a pandemia

"Non vou entrar en ningunha controversia con Fernando Simón", remarcou ao ser preguntada por se comparte a visión de Simón ou a do ministro de Sanidade, Salvador Illa, que di que o estado de alarma é o que foi beneficioso

"Sabemos que é o que estivo pasando na sanidade pública (galega) nos últimos anos. O que quero é recoñecer o inmenso traballo que fixeron os profesionais" que traballan nela, apuntou en declaracións á prensa con motivo da celebración en Santiago dunha homenaxe civil ás vítimas mortais do SARS-CoV-2, virus causante da Covid-19. 

Dos traballadores da rede sanitaria pública, indicou a dirixente do Bloque que estiveron "ao pé do canón". "A pesar dos recortes e das dificultades dos últimos anos, deron o mellor de si". 

"Haberá tempo para poder falar", deslizou, non sen engadir que "os recortes e as privatizacións están aí" e "é evidente". 

Pediu a nacionalista, ademais, "moitísima precaución" porque o virus non foi derrotado e non se pode "botar por terra" todo o feito en tres "meses tan duros, tan difíciles".  

As autonomías seguen preparando os novos avances da desescalada co paso o luns á fase tres de todo o territorio menos Madrid, Barcelona, Lleida e parte de Castela e León, e a gran novidade da entrada de Galicia na nova normalidade, aínda que con máscaras e cun tope de aforamento xeral do 75 por cento. 

Pontón: "Non vou entrar en ningunha controversia con Fernando Simón"
Comentarios