Á primavera pónselle cara de verán

As máximas rozaron os 30 graos nalgúns puntos de Galicia este domingo e víronse bastantes bañistas nas praias

La playa de Silgar. PYM
photo_camera La playa de Silgar, este domingo. PYM

Temperaturas próximas aos 30 graos, ceos despexados e unha sensación estival en pleno inicio da primavera. Así viviu Galicia unha fin de semana calorosa e con temperaturas por encima do habitual na época do ano, unha situación que se prolongará durante toda a semana que arrinca. 

As praias de Galicia, especialmente na fachada atlántica, recibiron xa este domingo a un bo número de bañistas, como se aprecia na imaxe, tomada na praia sanxenxina de Silgar.

Os 28 graos de máxima que marcaron os termómetros en Pontevedra foi a máis elevada de Galicia. Para este luns espérase que se chegue aos 26 graos en Ourense, aos 25 en Vigo e a Boa Vila e aos máis agradables18 graos en Lugo, Ferrol e Santiago.

A previsión para os próximos días é que se manteñan os ceos despexados, aínda que as temperaturas descenderán gradualmente durante a semana.

Alerta amarela por vento
O litoral norte de Galicia --costa noroeste e A Mariña luguesa-- terá este martes, 26 de marzo, aviso amarelo por vento, que pode alcanzar forza 8. 

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, durante este martes esténdese a alerta amarela por mar de vento a todo o litoral norte. 

En concreto, durante toda a xornada deste martes o aviso será amarelo na Costa da Morte e costa noroeste por vento nordeste, forza 7, con algún intervalo de forza 8.  Ademais, a partir das 9.00 horas deste martes o aviso será amarelo na Mariña por vento nordeste, forza 7. 

Comentarios