domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

O profesorado galego baralla unha folga para o inicio do curso

Un profesor nun aula. ARCHIVO
Un profesor nun aula. ARCHIVO
Non descartan optar por outras medidas "drásticas" ► Denuncian unha falta de planificación para a volta ás aulas

O presidente da Asociación Nacional de Profesores do Ensino (Anpe) en Galicia, Julio Díaz Escolante, avanzou este luns que o colectivo non descarta a folga, pero que se valorarán outras "medidas drásticas" de protesta ante o inminente inicio de curso 2020-2021.

O responsable de Anpe Galicia sinalou á prensa que unha folga, "tal e como está a situación económica é un tema complicado", pero non descartan "nada" e esgotarán "todas as posibilidades".

"A ministra de Educación está desaparecida e desde a Consellería non se puxeron en contacto connosco para poder empezar o curso en condicións", lamentou Díaz Escolante.

Desde Anpe Galicia xa celebraran "varias concentracións previas ao final de curso pasado", nas que non conseguiron "nada", segundo relatou o presidente do colectivo, quen tamén anunciou que se reunirán "para tomar unha decisión" a finais desta semana, tras o encontro entre a ministra Isabel Celáa e os conselleiros de Educación de todas as comunidades autónomas.

O sindicato lamenta que o profesorado está "verdadeiramente preocupado", xa que "está todo sen organizar" cun "protocolo que non é válido de ningún xeito".

"Convivirán 30 alumnos en strong <>aulas de menos de 40 metros cadrados", puntualizou Díaz Escolante.

Por este motivo, desde Anpe solicitan ás administracións competentes que traballen para lograr "unha diminución do cociente de alumnos", un "aumento do profesorado" e unha "maior preparación en teleformación".

Con respecto a este último punto, Díaz Escolante sinalou que é algo que leva "visos de ocorrer" e que agora mesmo están "as aulas virtuais a medio gas" e "os profesores sen preparar" para este tipo de ensino a distancia.

O profesorado galego baralla unha folga para o inicio do curso
Comentarios