miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Rescatados na Coruña tres mergulladores en apuros

112 Galicia. DP
112 Galicia. DP
Segundo fontes do 112 Galicia, ás 13:45 horas recibiron unha chamada dun particular que informaba de que había tres persoas na auga que poderían estar a pedir auxilio
Tres mergulladores que se atopaban este mércores en apuros na zona de O Portiño, en A Coruña, foron rescatados.

Segundo indican a Efe fontes do 112 Galicia, ás 13:45 horas recibiron unha chamada dun particular que informaba de que había tres persoas na auga que poderían estar a pedir auxilio.

Así, os xestores de Urxencias alertaron a Salvamento Marítimo, ao servizo de Gardacostas de GaliciaPolicía Nacional, Policía Local, a Protección Civil e ao grupo acuático dos Bombeiros da Coruña.

Finalmente, os tres mergulladores puideron chegar a salvo ás rocas.

Rescatados na Coruña tres mergulladores en apuros
Comentarios