viernes. 10.04.2020 |
El tiempo
viernes. 10.04.2020
El tiempo

Rueda recomenda aos críticos con Feijóo que viaxen "un pouco máis"

Alfonso Rueda, en la rueda de prensa tras el Consello da Xunta.XOÁN REY (Efe)
Alfonso Rueda, en la rueda de prensa tras el Consello da Xunta.XOÁN REY (Efe)

O vicepresidente da Xunta presidiu este xoves en Consello ao atoparse o presidente en Israel

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este xoves a viaxe a Israel do xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, porque beneficiará a Galicia, polo que instou a que quen o critican viaxen "un pouco máis".

"Tamén critican ao presidente cando vai a Madrid", polo que "lles recomendaría viaxar un pouco máis para saber que é necesario saír ao exterior para promocionar Galicia", espetou Rueda en referencia ás críticas da oposición, que cuestionaron a súa viaxe a Israel, entre outras cuestións, polo delicado contexto internacional.

O vicepresidente da Xunta, que este xoves presidiu a reunión semanal do Goberno galego con motivo da viaxe de Núñez Feijóo, considerou que o obxectivo desta viaxe é o mesmo "que noutros", e mesmo ten un maior carácter económico, o que se pode comprobar atendendo á "axenda" da delegación desprazada a Israel, dixo.

Neste sentido, puxo en valor o "marcado carácter económico" da visita a Israel na que se estableceron contactos con "sectores que poden investir en Galicia" e ser positivos para a economía galega.

Por iso, censurou que por parte da oposición "sempre" se emitan críticas a calquera acción da Xunta.

Rueda recomenda aos críticos con Feijóo que viaxen "un pouco máis"
Comentarios