Un sábado indefinido: nubes de mañá e noite e sol pola tarde

La previsión de MeteoGalicia para el sábado
photo_camera La previsión de MeteoGalicia para el sábado

A situación atmosférica estará moi indefinida este sábado en Galicia, coas altas presións debilitadas nos Azores e baixas presións ao oeste de Irlanda.

Isto deixará unha mañá de ceo moi nubrado no oeste, quedando algo máis limpos os ceos no leste. As nubes tenderán a retroceder co avance da mañá e pola tarde soamente quedarán algunhas néboas ou intervalos de nubes baixas no litoral atlántico.

As temperaturas non terán cambios significativos ou con lixeiros descensos das máximas. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con réxime de brisas nas Rías Baixas.

Temperaturas extremas previstas nas cidades
A Coruña 19º 21º Ferrol 17º 23º Lugo 14º 26º  Ourense 18º 31º Pontevedra 16º 25º Santiago 16º 26º Vigo 17º 24º. 

Comentarios