martes. 15.10.2019 |
El tiempo
martes. 15.10.2019
El tiempo

Sanidade segue un brote de tuberculose en Lugo con seis nenos afectados

Área de hospitalización. ARCHIVO
Área de hospitalización. ARCHIVO
O primeiro caso foi o dun pequeno de dous anos diagnosticado en agosto

Sanidade fai seguimento dun brote de tuberculose na cidade de Lugo con nove enfermos: seis nenos e tres adultos. Dos adultos, o paciente índice -é dicir, o caso orixinal, o que comeza a propagar a enfermidade- ingresou no Hula en estado grave, pero neste momento atópase estable.

O primeiro diagnóstico foi, en realidade, o dun neno de 2 anos. Os pediatras do Hula detectaron este caso e, en coordinación coa Unidade de Tuberculose do Hula, comezaron o estudo dos contactos, seguindo o protocolo do programa galego desta enfermidade. Por mor dese caso acabouse diagnosticando a enfermidade nos outros cinco nenos.

Como os nenos pequenos non contaxian a enfermidade pola súa incapacidade de expectorar, os sanitarios seguiron realizando probas ás persoas que estiveran en contacto estreito cos afectados ata dar co adulto considerado o caso fonte, o que comezou a transmisión da enfermidade.

Atopar o paciente índice é clave no caso dunha patoloxía infecciosa como a tuberculose porque, ao ser o primeiro en desenvolver a enfermidade, é o que ten máis oportunidades de contaxiar a outros.

Tamén porque os efectos da tuberculose empeoran a medida que evoluciona a enfermidade e déixase sen tratar. No caso desta persoa, cando foi achada e diagnosticada xa a tiña avanzada.

De calquera forma, a dirección xeral de Saúde Pública insistiu este xoves en que como o paciente está localizado e a tratamento antituberculoso "xa non representa un risco para a poboación".

A tuberculose transmítese de persoa a persoa a través do aire: a persoa enferma expulsa o bacilo ao toser, estornudar ou cuspir e outra pódese infectar ao inhalar eses bacilos. Adoita darse por mor da convivencia prolongada cun enfermo; xa sexa entre familiares, compañeiros de traballo ou de aula.

O risco de desenvolver a enfermidade unha vez que alguén se infectou aumenta se ten o sistema inmunitario debilitado.

Trátase dunha enfermidade cuxa incidencia baixa en Galicia e en Lugo, pero da que seguen detectándose casos cada ano sen excepción. De feito, o paciente índice deste brote lucense non é a única persoa que pasou polo hospital por tuberculose nesta tempada.

Este ano, en xaneiro, detectouse tamén outro brote en Escairón, O Saviñao. Cinco escolares desenvolveron a enfermidade e un sexto resultou infectado. Por outra banda, en Camariñas, o pasado mes de maio, diagnosticouse a doce pacientes, todos estudantes nun instituto da localidade.

Sanidade segue un brote de tuberculose en Lugo con seis nenos...
Comentarios