Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

O Sergas deberá paragar 100.000 euros polas secuelas dunha operación en Vigo

Hospital Meixoeiro de Vigo. AGN
Hospital Meixoeiro de Vigo. AGN

A paciente sufriu unha parálise facila tras ser intervida no Meixoeiro por unha disfunción auditiva

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) deberá indemnizar con 99.644 euros a un paciente tras sufrir unha parálise facial debido á lesión dun nervio provocada durante unha operación no hospital Meixoeiro de Vigo. 

A muller foi intervida cirurxicamente en xaneiro de 2009 neste centro hospitalario porque sufría unha incapacidade auditiva.

Así o confirmou a Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) nunha sentenza. O tribunal considera acreditado que tanto o déficit auditivo como a funcionalidade da parálise facial han ida “evolucionando e alterándose” desde a operación, en 2009, ata que o 6 de outubro de 2014 déronse por estabilizados.

Este tribunal tamén rexeitou diminuír a contía dos días non impeditivos tal e como demandaba o Sergas. “Están debidamente xustificados os 2.070 días non impeditivos polos que a sentenza outorga os 65.060 euros solicitados, que teñen a súa base no baremo de circulación de vehículos de motor”.

Os xuíces tamén aseguraron que para calcular a indemnización hai que ter en conta a imposibilidade de corrección da parálise facial, a súa visibilidade e a súa afectación directa á área do rostro.

Contra a sentenza pódese interpor un recurso de casación ante a Sala 3ª do Tribunal Supremo ou ante a Sala correspondente do TSXG.

O Sergas deberá paragar 100.000 euros polas secuelas dunha...
Comentarios