viernes. 20.09.2019 |
El tiempo
viernes. 20.09.2019
El tiempo

O Sergas intercambia a Félix Rubial e Julio García para Ourense e Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. AEP
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. AEP

Con estes nomeamentos, o Sergas aposta por adaptar as áreas aos obxectivos de completar a integración da atención primaria e a hospitalaria e a implantación do plan de atención primaria

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) nomeou a Félix Rubial e a Julio García Comesaña como novos xerentes das áreas sanitarias de Ourense e Vigo, respectivamente, tras desempeñar ambos o cargo cos destinos intercambiados.

Con estes nomeamentos, o Sergas, sinala nun comunicado, aposta por adaptar a dirección das dúas áreas aos obxectivos de completar a integración da atención primaria e a hospitalaria e a implantación efectiva do plan galego de atención primaria.

A administración sanitaria cualifica de "exitosa" a etapa de Rubial á fronte da área viguesa, sometida ao proceso de reordenación asistencial "máis complexo" dos que se acometeron en España.

Esta articulación consolidou o modelo de especialización avanzada dos hospitais Nicolás Peña, Meixoeiro e Álvaro Cunqueiro, convertendo a este último nun "centro de vangarda avalado por todos os indicadores asistenciais, tecnolóxicos, docentes e investigadores".

Agora en Ourense, Rubial afrontará o desenvolvemento do plan funcional de espazos do CHUO, así como as distintas actuacións de mellora e reforma proxectadas tanto no ámbito hospitalario, en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, como nos centros de saúde da área.

Pola súa banda, Julio García Comesaña, participou en distintos proxectos de innovación xa implantados no Sergas.

Antes de ocupar a xerencia da EOXI de Ourense participou desde a dirección do Complexo Hospitalario de Vigo na reordenación da área sanitaria de Vigo.

Como xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras reforzou a aposta do Sergas por un dos principais polos de referencia para a investigación e innovación sanitaria no desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

Agora á fronte do CHUVI, quedan por diante a reforma integral do hospital Meixoeiro, a continuidade do proxecto de humanización da área sanitaria e darase prioridade ao remate dos novos centros de saúde proxectados.

O Sergas intercambia a Félix Rubial e Julio García para Ourense e Vigo
Comentarios