Sindicatos e patronal de ambulancias reúnense para negociar un novo convenio

Aparecen outras dúas ambulancias coas rodas picadas en Vigo e Baiona

Una de las ambulancias que sufrieron desperfectos. FEGAM
photo_camera Unha das ambulancias que sufriron danos en días anteriores. FEGAM

Representantes dos sindicatos UXT, CIG e Comisións Obreiras, así como da patronal de empresas do transporte sanitario en Galicia, acudirán este xoves pola tarde a unha segunda reunión no Consello Galego de Relacións Laborais para negociar un novo convenio para o sector de ambulancias. 

Segundo manifestaron a Europa Press fontes da patronal, os empresarios teñen unha reunión durante a mañá para preparar o encontro desta tarde en Relacións Laborais, tras o mantido o pasado 18 de febreiro. 

Os empresarios acudirán á cita da tarde deste xoves "con ánimo negociador" como, aseguran, fixeron até o momento. A patronal mantivo a necesidade de coñecer a contía do novo concurso para poder negociar. Con todo, a Consellería de Sanidade até a data limitouse a indicar que melloraría a próxima convocatoria, pero sen cuantificala. 

Fontes sindicais, pola súa banda, explicaron a Europa Press que esperan "algún movemento" por parte dos empresarios na tarde deste xoves. "Se non levan nada sería botar máis gasolina ao lume", indicaron. 

Por iso, confían en que a reunión mantida o pasado venres na sede do Sergas en Santiago –á que acudiron representantes de Sanidade, patronal e sindicatos– "sirva para que hoxe haxa algo encima da mesa" en Relacións Laborais. 

O terceiro tramo da folga intermitente do transporte sanitario terá lugar do 4 ao 10 marzo

Os sindicatos tamén teñen previsto celebrar ao longo da mañá deste xoves unha reunión do comité de folga para analizar a situación e preparar o encontro cos empresarios. 

MOBILIZACIÓNS. A negociación do novo convenio, que afecta a uns 1.600 traballadores en Galicia do transporte sanitario urxente e non urxente, enmárcase no contexto dunha convocatoria de folga intermitente que celebrou do 18 ao 24 de febreiro o seu segundo tramo e ten convocado un terceiro entre o 4 e 10 de marzo. 

Tras tres tramos de folga, os sindicatos UXT, CIG e Comisións Obreiras pasarán a un paro indefinido desde o 20 de marzo se non hai un acordo antes sobre o novo convenio. 

Durante o conflito, rexistráronse numerosas incidencias en vehículos de transporte sanitario en Galicia, como rodas picadas, pintadas e ambulancias queimadas.

Este xoves, en concreto, fontes da patronal apuntaron a Europa Press a picada de catro rodas a senllas ambulancias en Vigo e Baiona.

Comentarios