jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Suspenden ata o xoves a procura da persoa que caeu ao río Tambre, en Sigüeiro

Parte do dispositivo de procura do desaparecido en Sigüeiro. TVG
Parte do dispositivo de procura do desaparecido en Sigüeiro. TVG
O Grupo de Apoio Loxístico da Axega colabora no operativo 

A procura da persoa que caeu no Río Tambre, ao seu paso pola poboación de Sigüeiro, en Oroso, suspendeuse ata a mañá do xoves. 

Diso informaron a Europa Press fontes do operativo de urxencias, que explicaron que a procura se centrou este mércores na marxe do río desde o refuxio de pesca ata o límite do río co Concello de Trazo. 

En concreto, foron varias testemuñas os que informaron sobre as 10,00 horas de que unha persoa estaba a ser arrastrada pola corrente na zona do refuxio de pesca de Sigüeiro, en Oroso. 

Ante iso, púxose en marcha un operativo de procura e rescate coordinado polos axentes da Garda Civil e Policía Nacional, ao que se sumaron ao longo da tarde os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axega co equipo de drones e un vehículo anfibio especial para desprazarse por zonas de baixo-medio caudal. 

Segundo explicou o CIAE 112, isto permitiu dar apoio a dous rescatadores que se meteron na auga co obxectivo de realizar o mesmo percorrido que puido facer a persoa cando era arrastrada pola corrente. 

Ademais, na zona traballaron agendes da Policía Nacional e da Garda Civil, Bombeiros de Ordes e Santiago, voluntarios de Protección Civil e o GES de Brión, que achegou unha embarcación. 
Con todo, polo momento, os esforzos foron negativos. 

Suspenden ata o xoves a procura da persoa que caeu ao río Tambre,...
Comentarios