O tempo seco continúa esta fin de semana, con mínimas baixas e máximas en ascenso

O termómetro oscilará desde valores próximos aos cero graos ata temperaturas ao redor dos 15

Varias personas disfrutan del tiempo seco y soleado de estos días en una terraza de Ourense. EFE
photo_camera Varias persoas aproveitan o tempo seco e asollado destes días nunha terraza de Ourense. EFE

Este venres continuará o tempo seco e asollado debido á persistencia da influencia anticiclónica sobre Galicia. Deste xeito, o ceo estará pouco nubrado ou despexado. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente leste, moderado no litoral norte e frouxo no resto. 

Pola súa banda, as temperaturas continuarán sen cambios, con xeadas en zonas de interior. Así, as máximas ascenderán ata os 17 graos en Pontevedra, mentres que as mínimas descenderán ata os tres graos baixo cero en Lugo.  A situación será similar a fin de semana.

O sábado, a comunidade continuará baixo a influencia das altas presións, con ventos de compoñente leste. Deste xeito, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con grandes diferenzas entre as mínimas –próximas aos cero graos– e as máximas, que chegarán aos 18 graos en Pontevedra.

Non se esperan cambios significativos para o domingo, con ventos de compoñente sur que favorecerán un ascenso das temperaturas. Así, os ceos permanecerán despexados en toda a comunidade, con entrada de nubes altas á noite. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo do sueste.

Comentarios