viernes. 18.10.2019 |
El tiempo
viernes. 18.10.2019
El tiempo

O TSXG anula as probas da Fiscalía contra Louzán no caso dos alugueres de Vigo

Rafael Louzán. EP
Rafael Louzán. EP

O auto indica que "non cabe dúbida algunha" de que a investigación do ministerio público estivo apoiada na declaración dunha persoa anónima cuxa verosimilitude "era de difícil apreciación"

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou as probas derivadas da investigación da Fiscalía contra o expresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a súa esposa, investigados por un delito de suborno polos supostos sobrecustos cobrados nos alugueres de tres baixos comerciais en Vigo.

A Sala do Civil e Penal do TSXG estimou os recursos de apelación presentados por Louzán e María Teresa Cores contra o auto da Audiencia de Pontevedra que decretara a continuación do procedemento sobre o caso dos alugueres, mantendo os feitos recollidos no auto de apertura de xuízo oral.

O alto tribunal galego indica que "non cabe dúbida algunha" de que a investigación da Fiscalía foi "prospectiva" e estivo apoiada na declaración dunha persoa anónima cuxa verosimilitude "en todo o seu contido", segundo os maxistrados, "era de difícil apreciación".

O auto engade que non é "aventurado afirmar" que ao longo deste procedemento produciuse unha "vulneración do dereito á intimidade" do expresidente da Deputación de Pontevedra.

Por iso, o TSXG rexeita admitir como probas a practicar no acto do xuízo "todas aquelas que teñan a súa orixe nas dilixencias de investigación levadas a cabo polo Ministerio Fiscal e as que destas se deriven", entre as que sinala os informes da Axencia Estatal de Administración Tributaria e os elaborados polas forzas e corpos de seguridade do Estado.

O alto tribunal galego desestimou, con todo, o recurso interposto polo exdeputado do PP Severino Reguera, a persoa que alugou os baixos, presuntamente a un prezo notablemente inferior ao que tiña o mercado inmobiliario no barrio vigués de Navia, e tamén investigado por estes feitos.

O TSXG asegura que as cuestións que expón Reguera "non son de índole procesual", polo que a súa determinación "debe quedar fixada tras o desenvolvemento do xuízo e na sentenza que eventualmente recaia".

O auto é firme, polo que contra el non cabe recurso. 

O TSXG anula as probas da Fiscalía contra Louzán no caso dos...
Comentarios