jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

O TSXG avala que os médicos compatibilicen o exercicio na pública e a privada

Un médico ante un ordenador. EP
Un médico ante un ordenador. EP

Acepta un recurso do Colexio da Coruña contra o Sergas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anunciou este xoves que acepta o recurso do Colexio Oficial de Médicos da Coruña contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas) en defensa da autorización de compatibilidade dunha colexiada para o exercicio da súa actividade pública e privada.

A sentenza, emitida o pasado 5 de decembro pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG e feita pública este xoves, sinala que a actividade privada que desenvolvía esta xinecóloga "é compatible" coa praza pública que ocupaba.

Na resolución, da que é relator o maxistrado Benigno López, sinálase que a actividade privada que vai desenvolver esta especialista, con autorización de uso co Sergas (equivalente ao concerto) "resulta compatible coa súa actividade pública sempre que non incida no obxecto da autorización de uso ou concerto". 

A facultativa, con nomeamento e destino no ámbito da área sanitaria da Coruña, solicitou "autorización de compatibilidade para simultanear a súa actividade pública coa privada de xinecóloga/obstetra" nunha clínica da cidade. 

O TSXG a súa argumentación considera "dubidosa" a denegación de compatibilidade e estima o recurso e acorda a "revogación da sentenza apelada –de 28 de xuño de 2018– e a concesión da compatibilidade pretendida" para o "desempeño da súa actividade de xinecóloga/obstetra" nesa clínica. 

REPERCUSIÓN. Para o Colexio de Médicos da Coruña "esta sentenza ten unha gran transcendencia, dado o número de médicos afectados que compatibilizan o exercicio da sanidade pública e privada coa realización de actividades fose do obxecto do concerto que os hospitais e centros privados manteñen co Sergas". 

"Unha situación que derivou na incoación dun elevado número de expedientes disciplinarios a facultativos, e a imposición dalgunhas sancións de enorme gravidade", conclúe a entidade colexial.

O TSXG avala que os médicos compatibilicen o exercicio na pública e...
Comentarios