lunes. 14.10.2019 |
El tiempo
lunes. 14.10.2019
El tiempo

Unións Agrarias cifra en case 200.000 exemplares a poboación de xabarís en Galicia 

Imaxe de arquivo dun garda civil dirixindo a varios xabaríns que nunha estrada. AEP
Imaxe de arquivo dun garda civil dirixindo a varios xabaríns que nunha estrada. AEP
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a urxencia cinexética polos danos provocados polo xabaril en varias comarcas galegas

A poboación de xabarís en Galicia sitúase entre os 175.000 e os 200.000 exemplares, segundo os datos que manexa o sindicato Unións Agrarias (UU AA) que, con todo, considera que o "maior problema" está nos danos que causan nas explotacións, cifrados en 15 millóns de euros. 

Este mércores, o secretario de Unións Agrarias, Roberto García, alerta que neste momento "o problema (de sobrepoblación) xa é case secundario en canto ao dano que fai nas leiras a agricultores e gandeiros". 

Ademais, Roberto García avisa que "hai tres novos elementos de risco que tamén preocupan": o "perigo físico" para as persoas, os accidentes de circulación e o "risco sanitario" ao ser os xabarís potenciais portadores da peste porcina africana. 

"Isto último (a peste) suporía o peche de fronteiras e a prohibición de exportacións nun sector tan profesional como é o do porcino", incidiu García, que pide ás administracións medidas "drásticas" para reducir a poboación. 

Deste xeito, reivindicou que "a Xunta ten que asumir que o problema ha de xestionalo ela, non o pode externalizar, non pode ser que se deixe (a solución ao problema) en mans dos cazadores". 


CAZA DE XABARÍNS.  O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a resolución pola que se declara a urxencia cinexética polos danos provocados polo xabaril nas comarcas de Betanzos-Eume, Terra Chá, Viana e O Deza. 

Nun comunicado, a Xunta recordou que se constataron danos á a agricultura en 33 concellos. En concreto. 76 tecores e 10 zonas libres. 

Esta medida permitirá abater ou capturar a estes exemplares nun total de 481.170 hectáreas sen límites de cota entre ambos os sexos, durante o período hábil de caza que se estenderá ata o 29 de febreiro do próximo ano. 

Unións Agrarias cifra en case 200.000 exemplares a poboación de...
Comentarios