martes. 23.07.2019 |
El tiempo
martes. 23.07.2019
El tiempo

A UVigo convoca a maior oferta de emprego público en anos con máis de 100 prazas

Exterior da Facultade de Económicas da UVigo. GOOGLE MAPS
Exterior da Facultade de Económicas da UVigo. GOOGLE MAPS

A ampliación de persoal suporá un investimento duns 985.000 euros entre os orzamentos de 2019 e 2020

A Universidade de Vigo pechará o próximo 1 de xullo o prazo de presentación de solicitudes para os tres concursos públicos de prazas de profesorado que convoca para o curso 2019-2020, máis de cen prazas que fan desta convocatoria a maior dos últimos anos.

"Son compromisos electorais claros na aposta polas persoas, e medidas que reverten en parte os efectos que tivo a crise dos últimos anos sobre o persoal e a estrutura de cadro do Persoal Docente e Investigador", destaca Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado.
A proposta de campaña do programa H2040, encabezada polo reitor Manuel Reigosa, foi a dunha dedicación docente máxima de 280 horas e a consolidación dos cadros de persoal.

Antes de final de ano ofertaranse máis de 50 prazas de titular, catedrático e doutor, seguindo as prelaciones xeradas a partir da data de acreditación.

En total, esta acción suporá un investimento duns 985.000 euros entre os orzamentos de 2019 e 2020, detalla a Universidade de Vigo no seu diario dixital.

O concurso público de profesorado asociado oferta 43 prazas; o de profesorado axudante doutor son trece prazas e outras oito adicionais, as cales se convocarán no segundo cuadrimestre, e o concurso público para a elaboración de listas de espera oferta 40 prazas.

A estas hai que engadir, ademais, tres prazas de asociados de Ciencias da Saúde, así como as prazas de profesorado titular e catedráticos, que se convocarán antes de fin de ano e que ascenden a 24 no caso dos titulares, 24 de catedráticos e cinco de contratado doutor.

A UVigo convoca a maior oferta de emprego público en anos con máis...
Comentarios