Indignación entre varios galegos atrapados no aeroporto de Düsseldorf

Tiñan previsto chegar a Barcelona ás 18.00 horas para coller un novo voo cara a Santiago

Varios galegos denunciaron este mércores que quedaron atrapados durante horas no aeroporto de Düsseldorf polo atraso nun voo de Vueling a Barcelona, no que tiñan previsto viaxar uns 200 pasaxeiros.

Algúns afedtados tiñan previsto chegar a Barcelona ás 18.00 horas para coller outro voo cara a Santiago.

Segundo explica unha pontevedresa, os pasaxeiros embarcaron ás 16.15, media hora logo da hora prevista de saída do voo, e estiveron dúas horas esperando no avión. Ao parecer, un paxaro chocara contra unha á da aeronave e a compañía estaba a esperar que mantemento limpase o motor. 

Finalmente, os pasaxeiros tiveron que desembarcar e foron informados de que o voo se atrasou. Denuncian tamén que o servizo de atención ao cliente da compañía non tiña empregados suficientes para atender as súas queixas. Ás 21.30 horas do mércores seguían sen engalar.

Comentarios