Domingo. 27.05.2018 |
El tiempo
Domingo. 27.05.2018
El tiempo

A veda do polbo en Galicia empeza este venres e durará 45 días

Polbo. EP
Polbo. EP

Está expresamente prohibida a captura desta especie en augas nas que a comunidade ten competencias

A veda do polbo en Galicia empeza este venres e estenderase durante 45 días ata o 2 de xullo, informa a Consellería do Mar.

A resolución do plan experimental para a xestión do polbo establece que está expresamente prohibida a captura desta especie en augas nas que Galicia ten competencias e tamén para a pesca marítima de recreo entre as 18 horas de mañá e as 5 horas do luns 2 de xullo.

A Consellería de Mar explica que a veda "é unha das medidas técnicas que comprende o plan experimental (...) co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida desta especie e así protexer a súa reprodución e contribuír a unha explotación máis sostible".

As capturas desembarcadas este venres poderanse comercializar tamén o sábado, 19 de maio, nas lonxas nas que se vende polbo os sábados.

A veda do polbo en Galicia empeza este venres e durará 45 días