jueves. 09.04.2020 |
El tiempo
jueves. 09.04.2020
El tiempo

O verán chega por fin a Galicia este martes

Este martes Galicia irá gañando influencia das altas presións e irá xa que logo aumentando a estabilidade atmosférica.

Así, a Comunidade amencerá con ceos máis nubrados canto máis ao norte; a medida que avance a mañá as nubes iranse retirando e pola tarde espéranse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral con nubes baixas en puntos do litoral norte.

As temperaturas mínimas non terán cambios, pero as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 18° 20°; Ferrol 18° 22°; Lugo 14° 25°; Ourense 15° 31°; Pontevedra 17° 29°; Santiago 16° 25°; Vigo 16° 27°. 

O verán chega por fin a Galicia este martes
Comentarios