domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

As vítimas da pandemia ascenden a 1.236 en Galicia tras a morte de oito persoas

Una enfermera atiende a un paciente de coronavirus en un hospital. EFE
Una enfermera atiende a un paciente de coronavirus en un hospital. EFE
Dúas das vítimas notificadas este xoves procedían de residencias

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia eleváronse a 1.236, tras falecer nas últimas horas oito persoas diagnosticadas con covid-19, dúas delas relacionadas con residencias de maiores.

Segundo os datos facilitados este xoves pola Consellería de Sanidade, trátase de cinco homes e dúas mulleres. Todos eles presentaban patoloxías previas.

En concreto, no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (Chup) rexistráronse dous falecementos: trátase dunha muller de 71 anos que procedía da residencia de Vilaboa e dun home de 80 anos.

No Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) rexistrouse o falecemento dun home de 70 anos procedente de DoralResidencias de Mos (Pontevedra). Tamén faleceu unha muller de 85 anos en Povisa.

Ademais, na área sanitaria da Coruña rexistráronse outras dúas mortes. Así, faleceu un home de 81 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e unha muller de 77 anos no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Tamén perdeu a vida un home de 56 anos en Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Chuf) e outro home de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus).

As vítimas da pandemia ascenden a 1.236 en Galicia tras a morte de...