viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

As vítimas do covid en Galicia elévanse a 1.069 tras falecer sete persoas

Exterior del Hospital do Salnés. GOOGLE MAPS
Exterior del Hospital do Salnés. GOOGLE MAPS
Seis delas eran usuarias de residencias de maiores

As vítimas que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia eleváronse este domingo a 1.069, tras falecer nas últimas horas sete persoas diagnosticadas de coronavirus. De todas elas, cinco eran usuarias de residencias de anciáns. 

Segundo informa a Consellería de Sanidade, tres destas mortes producíronse no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Trátase dunha muller de 97 anos, residente no xeriátrico San José de Narón; e outras dúas mulleres, de 90 e 89 anos, que procedían da residencia As Fragas de Pontedeume. 

Tamén faleceu diagnosticada con covid-19 unha muller de 95 anos, usuaria de DomusVi Ribadumia, que estaba ingresada no Hospital do Salnés, en Vilagarcía de Arousa. 

Ademais, a área sanitaria ourensá reportou a morte dun home de 94 anos con coronavirus que permanecía no seu domicilio no municipio da Rúa, mentres que o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) rexistrou o falecemento dunha usuaria da residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás que tiña 85 anos. 

O sétimo dos falecementos notificados este domingo produciuse no Hospital Lucus Augusti (Hula) de Lugo e correspóndese co dun home de 93 anos.

As vítimas do covid en Galicia elévanse a 1.069 tras falecer sete...
Comentarios