domingo. 08.12.2019 |
El tiempo
domingo. 08.12.2019
El tiempo

Xornada de transición, con posibles choivas débiles e descenso das mínimas

Galicia terá este luns unha xornada de transición cara a unha situación anticiclónica, polo que os ceos estarán cubertos pola mañá, con posibilidade de choivas débiles pola tarde, de modo ocasional, na metade oeste, segundo a predición de Meteogalicia.

Captura

As temperaturas mínimas sufrirán un descenso e as máximas non terán cambios. 

Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos. No litoral continúa activada a alerta amarela por ondas. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas para mañá en Galicia: 
A Coruña 9° 15°; Ferrol 9° 16°; Lugo 5° 14°; Ourense 5° 16°; Pontevedra 9° 16°; Santiago de Compostela 6° 14°; Vigo 8° 18°.

Xornada de transición, con posibles choivas débiles e descenso das...
Comentarios