viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Un xoves pasado por auga en Galicia... e con outra fronte máis forte de camiño

Jueves

Unha borrasca profunda, procedente do Atlántico chegará a últimas horas deste xoves á Península e dará inicio a un temporal de choiva e vento que afectará a gran parte da Península e especialmente o venres e o sábado, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). 

Unha das zonas onde máis choverá é Galicia. Para o venres, de feito, varias zonas da comunidade estarán en alerta amarela por ventos de ata 80 quilómetros por hora e acumulación de precipitacións. 

Pero antes, este xoves, a choiva será protagonista aínda que non tanto. Seguirán os ventos do suroeste en Galicia, de forma que non se esperan cambios na situación meteorolóxica e os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes na metade oeste. Pola noite, as precipitacións serán persistentes e máis intensas nas comarcas atlánticas coa chegada desa borrasca profunda.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos. ,Os ventos soprarán frouxos do suroeste durante o día, aumentando a moderados pola noite, con intervalos fortes no litoral atlántico. Todo o litoral galego estará alerta amarela por mar de fondo con ondas de catro a cinco metros. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 9º 13º, Ferrol 8º 14º, Lugo 4º 11º, Ourense 6º 14º, Pontevedra 8º 14º, Santiago 7º 11º

Un xoves pasado por auga en Galicia... e con outra fronte máis...
Comentarios