Domingo. 24.06.2018 |
El tiempo
Domingo. 24.06.2018
El tiempo

A Xunta abre este xoves o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega

Sede da Xunta de Galicia en San Caetano. AGN
Sede da Xunta de Galicia en San Caetano. AGN

Os interesados terán de prazo para apuntarse ata o 15 de xullo ► O número de listas que estarán abertas para a inscrición é de 26, sete delas para traballar como funcionario interino, 17 con contrato laboral e dúas para os servizos de loita contra incendios forestais 

 

 

 

A Xunta de Galicia abre este xoves, día 1 de marzo, o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega. Así, calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nas bolsas para o nomeamento de funcionarios interinos e a contratación de persoal laboral temporal. 

O prazo permanecerá aberto ata o 15 de xullo, segundo recolle unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste mércores. Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos. 

O Executivo autonómico destacou que o número de listas que estarán abertas para a inscrición é de 26. Delas, sete listas son para traballar como funcionario interino e 17 para traballar como contratado laboral. A elas súmase outras dúas para persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais. 

Aquelas persoas interesadas en apuntarse a estas listas de emprego temporal deberán presentar a instancia que se pode descargar na web da Xunta

Todas aquelas persoas interesadas en apuntarse a estas listas de emprego temporal deberán presentar a instancia que se pode descargar na web da Xunta (www.xunta.gal), no apartado Listas de Contratación. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é necesario que se anoten de novo. 

Entre as abertas están as de veterinarios, escala superior de finanzas, director de centro social, enfermeiro, fisioterapeuta, xefe de cociña, auxiliar de clínica, auxiliar de fogar, limpador, axudante de servizos técnicos ou bombeiro forestal condutor.

O Diario Oficial de Galicia tamén publica a actualización profesional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega

CASO PARTICULAR E ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS. O DOG deste mércores tamén inclúe unha resolución de apertura de listas para o caso particular das elaboradas para a cobertura de postos de traballo das escalas de profesores numerarios e mestres de taller de Institutos Politécnicos Marítimo Pesqueiros como consecuencia dos requisitos para incorporarse ás diversas especialidades destas dúas escalas cambiaron. 

Ademais, o Diario Oficial de Galicia tamén publica a actualización profesional de méritos das persoas integrantes das listas de emprego da Administración galega. Deste xeito, desde o xoves ábrese o prazo de dez días hábiles para que os interesados poidan presentar reclamacións e achegar documentación xustificativa. 

Tanto o estado –aberto ou pechado– para a incorporación de novas solicitudes no que se atope cada lista, como o procedemento a seguir nelas, así como as puntuacións totais das persoas integrantes da listas consecuencia da actualización de méritos, poden consultarse na web corporativa da Xunta –http://funcionpublica.xunta.gal–, apartado de Listas de contratación
 

A Xunta abre este xoves o prazo de inscrición nas listas de emprego...