A Xunta aplicará este mes a subida do 2,25% aos seus empregados públicos

Con este aumento, a media anual por traballador será duns 810 euros, segundo indica a Xunta nun comunicado.
 

Funcionarios saíndo do edificio da Xunta en San Caetano, Santiago. EP
photo_camera Funcionarios saíndo do edificio da Xunta en San Caetano, Santiago. EP

A Xunta aplicará a partir da nómina deste mes de xaneiro a subida do 2,25% pactada cos axentes sociais a todos os seus empregados públicos, uns cen mil traballadores.

A Consellería de Facenda publica este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde para a elaboración das nóminas para 2019, que recolle esta subida. 

Con este aumento, a media anual por traballador será duns 810 euros, segundo indica a Xunta nun comunicado.

Ademais, a partir do mes de xullo, a condición de que a economía española creza en 2018 un 2,5%, os empregados públicos recibirían nas súas nóminas unha subida adicional do 0,25%. 

Comentarios