lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

A Xunta creará 400 prazas para médicos e enfermeiras en 2020

O presidente do Parlamento e o conselleiro de Facenda. LAVANDEIRA JR (EFE)
O presidente do Parlamento e o conselleiro de Facenda. LAVANDEIRA JR (EFE)
Inclúe nos orzamentos un reforzo de persoais na sanidade tras as protestas

O Goberno galego reforzará o ano que vén o persoal da sanidade pública tras un 2019 marcado polas protestas do colectivo de enfermeiros, os paros no servizo de urxencias do hospital de Santiago e a folga de profesionais de Atención Primaria pola falta de recursos humanos. Con ese pano de fondo, os orzamentos autonómicos para 2020 comprometen a creación de 407 novas prazas neste campo.

Máis da metade deses empregos públicos, exactamente 252, serán para persoal sanitario, fundamentalmente enfermeiros, 133 destinaranse a médicos e as outras 22 cubriranse con traballadores de servizos. ¿E como se repartirá entre os distintos ámbitos asistenciais? Un total de 147 prazas son para Atención Primaria, 236 para novas dotacións e 24 para o programa de hospitalización a domicilio, que a Xunta aspira a estender a toda Galicia os 365 do ano no próximo lustro.

Anunciouno este sábado o titular de Facenda, Valeriano Martínez, tras entregar no Parlamento o proxecto de Lei de Orzamentos, o pistoletazo de saída para a tramitación na Cámara dunhas contas que ascenden a 10.149 millóns. A consellería de Sanidade, precisamente, acapara algo máis do 40% do orzamento total e, xunto a Educación e Política Social, concentran case tres de cada catro euros. Neses dous ámbitos tamén se incrementarán os persoais, con 50 novas prazas no ensino -30 de coidadores de alumnos con necesidades especiais e 20 de orientadores para o plan de orientación profesional- e 28 incorporacións na área de benestar para profesionais de novas unidades.

Mentres o conselleiro presentaba as grandes liñas das futuras contas en Santiago, desde Vilagarcía o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmaba que as novas prazas buscan "apontoar os servizos públicos". é o campo ao que se destinarán máis recursos, aínda que porcentualmente a partida que máis crece é a que manexará a Consellería de Cultura e Turismo -157 millóns, cun aumento do 8,9% respecto deste ano- impulsada polos investimentos para o Xacobeo 2021, ao que se reservan 82 millóns.

Débeda. Cos orzamentos debullados este sábado, Galicia suma 40 anos consecutivos con contas actualizadas, sen prórrogas como as que si se deron a nivel estatal. Deseñáronse nun escenario marcado polas eleccións á presidencia da Xunta do próximo ano, a desaceleración da economía e a débeda que o Goberno central mantén coas comunidades. Para Galicia desbloqueou en precampaña 330 millóns de euros correspondente ás entregas a conta deste ano, pero seguen pendentes 200 millóns do Iva de decembro de 2017 e 170 millóns por cumprir as regras de estabilidade conforme aos orzamentos xerais de 2018. Con estes últimos a Xunta non contou para elaborar os Orzamentos "coñecendo ou percal", dixo este sábadp o conselleiro, que acusou o Estado "de bullying financeiro" a Galicia.

A pesar dese escenario, os orzamentos para o próximo ano contemplan medidas fiscais como a supresión "de facto" o imposto de sucesións, pois o 99,94% dos galegos non pagará nada por herdar dun familiar directo, ao quedar exentas de tributación ás herdanzas de ata un millón de euros por herdeiro. Ademais, a Xunta ampliará en 2020 as empresas familiares beneficiadas de reducións en sucesións.

A Xunta creará 400 prazas para médicos e enfermeiras en 2020
Comentarios