jueves. 05.08.2021 |
El tiempo
jueves. 05.08.2021
El tiempo

"A Xunta non ten unha solución para Sargadelos"

José Manuel Balseiro.AEP
José Manuel Balseiro.AEP

"É unha empresa privada e son os accionistas os que determinarán o que queren facer con ela"

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lamentou este luns que "a Xunta non ten unha solución para Sargadelos", en referencia ao despedimento de 49 traballadores que a empresa ten na súa planta de Cervo, anunciado o pasado venres.

Balseiro sinalou que "para o goberno de Galicia calquera noticia que relacione a unha empresa da Comunidade con situacións de despedimentos ou incluso de cesamento de actividade é unha gran preocupación".

No caso concreto da empresa ceramista, segundo indicou o delegado territorial, únese a todo iso "un significado especial para Galicia, porque Sargadelos é moito máis que fabricar louza".

"Fóra das nosas fronteiras coñecen moito máis o nome de Sargadelos que o nome de Cervo", destacou Balseiro.

"Dio alguén que non só é delegado da Xunta, senón que é natural dese concello e coñece persoalmente a case todos os membros da empresa", engadiu.

Balseiro tamén avanzou que na Xunta estarán "expectantes" ante o que aconteza nos próximos días e que se intentará celebrar unha reunión co máximo responsable da empresa, Segismundo García, para "coñecer a situación e intentar avanzar nunha posible solución".

Aínda así, o delegado territorial quixo aclarar que as solucións non podían vir "desde a administración autonómica".

"Sargadelos é unha empresa privada e son os accionistas os que determinarán o que queren facer con ela", concluíu Balseiro. 

"A Xunta non ten unha solución para Sargadelos"
Comentarios