martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

A Xunta propón tres franxas horarias por idades para saír a pasear e facer deporte

Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
A práctica de deportes ao aire libre sería entre as 07.00 e as 10.00 horas e as 20.30 e as 23.00 horas

A Xunta trasladou ao Goberno central unha proposta para ordenar as saídas á rúa da población en franxas horarias por tramos de idade. Así, a práctica do deporte para as idades compredidas entre os 14 e os 70 anos quedaría reservada á primeira hora da mañá (entre as 07.00 e as 10.00 hora) e última hora da tarde (entre as 20.30 e as 23.00 horas).

Na súa proposición, a Xunta expón que non se establezan límites de tempo para a actividade física máis aló da propia franxa horaria e aumentar a 4 metros a distancia social entre persoas. Para os nenos, propoñen que se manteña o límite dunha hora diaria para saír ao exterior.

Toda actividade ao aire libre realizaríase en solitario coa excepción de que poida acreditarse que os membros do grupo conviven no mesmo fogar. Ademais, tamén recomenda limitar a 5 quilómetros do domicilio a distancia máxima para levar a cabo a actividade física.

Sanidade cre que "debe insistirse que a actividade física non consiste en practicar deportes de grupo ou deportes nos que se compartan obxectos na realización dos mesmos" aínda que considera que si se poden autorizar" actividades coma o ciclismo, remo, surf, hípica ou piragüismo "se levan a cabo de forma de forma individual e en determinadas condicións".

En ciclismo poderíase rodar a un máximo de 30 quilómetros de casa

En canto á práctica do ciclismo, que pide limitar ao exercicio individual ou en grupo se se convive no mesmo domicilio, propón unha distancia máxima de 30 quilómetros cuxo cumprimento debería acreditarse a través dunha aplicación móbil. No caso de deportes acuáticos como remo, surf ou piragüismo, deberían practicarse a non máis de 5 quilómetros de distancia do domicilio.

Para deportistas profesionais ou federados, que terían que manter as normas de distanciamento social, a Xunta considera que o Goberno central e as federacións debería fixar as condicións de práctica da actividade e especialmente no que se refire ao afastamento respecto ao lugar de domicilio.

A Xunta propón tres franxas horarias por idades para saír a pasear...
Comentarios