jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

A Xunta usará drones este ano para o control forestal e a ordenación urbanística

CONDE ROZAS 12
Francisco Conde, nunha visita a Rozas. ARQUIVO
Empregaranse para detectar situacións de abandono no rural

A Xunta ten en marcha dous proxectos de uso de drones con sensores para o control este ano de masas forestais e da ordenación urbanística.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, participou este mércores nunha xornada técnica para presentar os proxectos de vehículos non tripulados que se desenvolven no aeródromo de Rozas, en Castro de Rei (Lugo).

Estas iniciativas tamén permitirán, por unha banda, a planificación de áreas empresariais e agrarias, así como a xestión hidrolóxica. Por outra banda, empregarase para detectar situacións de abandono no rural e avaliar franxas de seguridade contra o lume ao redor de poboacións, unido ao tratamento de pragas e o uso para inventarios forestais.

Conde puxo en valor a cooperación entre os dous consorcios que lideran estas solucións, integrados por pemes, universidades e centros de investigación.

En concreto, no proxecto Terra 3 participaron Altia Consultores, Aeromedia UAV, o Centro de Observación e Teledetección Espacial (Cotesa), coa o subcontratación do grupo de investigación Laborate, da USC, e a empresa lucense 3EData.

No tocante ao  proxecto Terra 4 participaron 3EData Enxeñería Ambiental, a Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (Cetemas) e Cotesa.

Estas iniciativas forman parte da Civil UAVs Initiative, aposta estratéxica da Xunta para promover o uso de drones no ámbito civil.

A Xunta usará drones este ano para o control forestal e a...
Comentarios