Yelmo Cines e Makro retiran unhas salchichas por un brote de listeriose

Un perrito caliente
photo_camera Un perrito caliente

Unhas salchichas fabricadas pola empresa alemá Wilke foron retiradas polos supermercados para almacenistas Makro e pola cadea de cines Yelmo tras a alerta por un brote de listeria, informou este mércores a organización de consumidores Facua.

Yelmo Cines vendeu estes produtos da marca Casa Westfalia, da empresa Wilke Waldecker Fleisch- und Wurstwaren, en 17 dos seus 48 locais, e Makro nos seus 37 centros de España, segundo Facua.

A organización de consumidores sinalou que contactou con ambas as dúas empresas e que Yelmo respondeu que lles comunicaron a alerta o pasado 3 de outubro, tras o cal procedeu á súa retirada inmediata nos cines afectados.

No entanto, criticou que os cines non colocasen ningún cartel para informar os consumidores nin publique a alerta na súa web.

Pola súa banda, Makro informou a Facua que se puxo en contacto "con todos aqueles clientes que en base aos seus rexistros informáticos, compraron as salchichas obxecto desta alerta nos últimos 90 días para solicitarlles a súa devolución" e que cando o 4 de outubro foi informada do brote de listeriose retirou o produto dos seus 37 centros en España.

A cadea almacenista asegurou que ningún dos produtos de marcas propias comercializados en Makro proveñen da planta de Wilke Waldecker. 

A cadea de supermercados aclarou que o pasado 4 de outubro foi informada os feitos por Casa Westfalia SA e que retirou ese mesmo día da venda a referencia completa nas súas 37 establecementos, así como na súa plataforma loxística, segundo a organización de consumidores.

Comentarios