Miriam de 'OT' sorprende os seus fans interpretando un tema de Sés
15 de enero de 2018 (20:35 h.)
A concursante de Pontedeume cantou o tema Tempestades de sal acompañada cunha guitarra
Miriam sorprendeu os seus fans galegos interpretando unha canción de Sés durante un descanso na Academia de Operación Triunfo.
A concursante de Pontedeume cantou o tema Tempestades de sal acompañada cunha guitarra, un momento que non pasou desapercibido polos seus fans, que rechouchiaron ducias de veces o vídeo emitido no canal 24 horas.