Miriam de 'OT' sorprende os seus fans interpretando un tema de Sés

A concursante de Pontedeume cantou o tema Tempestades de sal acompañada cunha guitarra

Miriam, de 'OT'. AEP
Miriam, de 'OT'. AEP

Miriam sorprendeu os seus fans galegos interpretando unha canción de Sés durante un descanso na Academia de Operación Triunfo. 

A concursante de Pontedeume cantou o tema Tempestades de sal acompañada cunha guitarra, un momento que non pasou desapercibido polos seus fans, que rechouchiaron ducias de veces o vídeo emitido no canal 24 horas. 
 

Comentarios