Domingo. 27.05.2018 |
El tiempo
Domingo. 27.05.2018
El tiempo

Detida unha parella por torturar "con fins sádicos" os seus dez fillos en California

Jonathan Allen e Ina Rogers, arrestados por maltratar os seus dez fillos. EP
Jonathan Allen e Ina Rogers, arrestados por maltratar os seus dez fillos. EP

Os pequenos, con idades comprendidas entre os 4 meses e os 12 anos, presentaban cicatrices producidas por armas punzantes, ademais de queimaduras e hematomas causados por disparos de perdigóns

Unha nai de dez fillos foi ingresada este xoves nunha prisión local despois de que a Fiscalía do Condado de Sonoma, ao norte de California (EE UU), a acusara formalmente de nove cargos por golpear e torturar os menores. Ina Rogers, de 31 anos, compareceu na corte e fixóuselle unha fianza de 495.000 dólares, ademais de presentárselle os nove cargos debido aos malos tratos que propinou aos seus fillos, con idades comprendidas entre os 4 meses e 12 anos.

O caso saíu á luz pública cando as autoridades responderon a unha chamada pola desaparición do fillo maior e que deu pé o luns á detención por neglixencia da muller, que foi liberada tras pagar unha fianza de 10.000 dólares, así como do seu esposo e pai dos fillos, Jonathan Allen, de 29 anos.

Os nenos, achados na sala da casa regada de inmundicia e feces, foron sometidos á tortura de afogamento simulado, entre outros castigos

De acordo á Fiscalía, os axentes atoparon na vivenda familiar situada en Fairfield, ao nordés de San Francisco, aos pequenos con sferidas e cicatrices producidas por armas punzantes, ademais de queimaduras e hematomas por mor de disparos con pistolas de perdigóns. A Fiscalía asegura que os nenos, achados na sala da casa regada de inmundicia e feces, foron sometidos á tortura de afogamento simulado, entre outros castigos.

Sharon Henry, vicefiscal do Condado, dixo incluso que os menores foron torturados "con fins sádicos".

O home, ao que se lle impuxo unha fianza de 5,2 millóns de dólares, declarouse o martes non culpable de polo menos sete cargos graves de tortura en contra de nenos e nove cargos de abuso infantil e pór en risco a vida dos menores.

As acusacións á parella teñen lugar cinco meses despois de que as autoridades do sur de California arrestasen os esposos David e Louise Turpin, acusados de maltratar e manter secuestrados aos seus 13 fillos no seu fogar. Ina Rogers e Jonathan Allen comparecerán de novo na corte o próximo 24 de maio. 

Detida unha parella por torturar "con fins sádicos" os seus dez...