martes. 09.03.2021 |
El tiempo
martes. 09.03.2021
El tiempo

Morre unha nena de 3 anos por coronavirus en Bélxica

Prueba para detectar el coronavirus. ARQUIVO.
Prueba para detectar el coronavirus. ARQUIVO.
Os contaxios no país incrementáronse nun 89%
As autoridades sanitarias belgas informaron este venres da morte recente dunha nena de tres anos a causa do coronavirus, un deceso que se produciu "hai uns días".

A relación do falecemento da menor co coronavirus foi confirmada con probas de laboratorio, segundo informaron nun comunicado as autoridades, que precisan que a paciente presentaba "comorbilidades graves". Nas mesmas datas tamén morreu outra persoa de 18 anos. 

"Está claro que é raro que a enfermidade mate a persoas novas pero ninguén é inmune. Non se pode negar que o coronavirus segue presente", declarou nunha rolda de prensa un dos portavoz do Servizo de Saúde Pública, Boudewijn Catry

O Goberno federal anunciou precisamente o xoves que as autoridades reforzarán o control sobre a medidas "barreira" na poboación para evitar a propagación do virus, nun momento no que a tendencia volve indicar unha forte alza nos contaxios, cun incremento do 89%

Ao longo da última semana, Bélxica sumou unha media de 220,6 novos casos cada día, o que eleva a cifra total de contaxios desde que chegou a pandemia ao país a un total de 64.847 casos. 

En total, 18.045 pacientes necesitaron ingreso hospitalario, cunha media de 15 novos ingresos diarios na última semana (+53%). Polo menos 9.812 persoas faleceron en Bélxica a causa do coronavirus. 
 

Morre unha nena de 3 anos por coronavirus en Bélxica
Comentarios