Aumento de nubes nos ceos galegos este xoves

ALBA SOTELO
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso

Unha fronte achegarase a Galicia polo Atlántico. Non nos deixará chuvias pero si un aumento de nubes de tipo medio e alto. Pola noite entrarán as brétemas costeiras por todo o litoral.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de dirección variable, frouxo en xeral, moderado no litoral norte.