Unha fronte achegarase a Galicia polo Atlántico. Non nos deixará chuvias pero si un aumento de nubes de tipo medio e alto. Pola noite entrarán as brétemas costeiras por todo o litoral.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de dirección variable, frouxo en xeral, moderado no litoral norte.