Crecen as nubes no ceo galego
24 de marzo de 2021 (22:28 h.)
Galicia recibe nas primeiras horas deste xoves unha fronte fría poco activa coa que aumentarán as nubes, que poden deixar algún orballo illado e ocasional no norte.
Atendendo ás previsións de Meteogalicia, o vento soprará frouxo de dirección variable e as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Así é que nas cidades galegas as máximas subirán ata os 21 graos en Ourense e estarán nos 17 en Lugo. Os valores mínimos moveranse entre os 5 graos da cidade das Burgas e os 11 da Coruña, coa capital lucense nos 7.
Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña 11° 14°
Ferrol 7° 13°
Lugo 7° 17°
Ourense 5° 21°
Pontevedra 7° 16°
Santiago 7° 16°
Vigo 7° 15°
Ferrol 7° 13°
Lugo 7° 17°
Ourense 5° 21°
Pontevedra 7° 16°
Santiago 7° 16°
Vigo 7° 15°