Crecen as nubes no ceo galego

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia recibe nas primeiras horas deste xoves unha fronte fría poco activa coa que aumentarán as nubes, que poden deixar algún orballo illado e ocasional no norte.  

Atendendo ás previsións de Meteogalicia, o vento soprará frouxo de dirección variable e as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Así é que nas cidades galegas as máximas subirán ata os 21 graos en Ourense e estarán nos 17 en Lugo. Os valores mínimos moveranse entre os 5 graos da cidade das Burgas e os 11 da Coruña, coa capital lucense nos 7.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña     11°     14°    
Ferrol             7°     13°    
Lugo              7°     17°
Ourense        5°     21°    
Pontevedra  7°     16°    
Santiago      7°     16°
Vigo              7°     15°