Galicia terá ceos parcialmente nubrados o sábado con choivas no norte
30 de julio de 2021 (21:54 h.)
As temperaturas roldarán entre os 10 e os 25 graos nas grandes cidades
O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, de forma que o ceo estará parcialmente nubrado na metade norte con precipitacións intermitentes no norte da Coruña e de Lugo.
Nas provincias de Pontevedra e Ourense os ceos estarán con alternancia de nubes e claros en xeral.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, e o vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso nas Rías Baixas.
Principais indicadores das temperaturas:
A Coruña 15° 20°; Ferrol 14° 21°; Lugo 11° 21°; Ourense 13° 25°; Pontevedra 10° 22°; Santiago 12° 21°; Vigo 12° 22°.