Galicia terá ceos parcialmente nubrados o sábado con choivas no norte

As temperaturas roldarán entre os 10 e os 25 graos nas grandes cidades
Previsión para este sábado. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este sábado. METEOGALICIA

O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, de forma que o ceo estará parcialmente nubrado na metade norte con precipitacións intermitentes no norte da Coruña e de Lugo.

Nas provincias de Pontevedra e Ourense os ceos estarán con alternancia de nubes e claros en xeral.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, e o vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso nas Rías Baixas. 

Principais indicadores das temperaturas:
A Coruña 15° 20°; Ferrol 14° 21°; Lugo 11° 21°; Ourense 13° 25°; Pontevedra 10° 22°; Santiago 12° 21°; Vigo 12° 22°. 

Comentarios