Buscan á exesquiadora Blanca Fernández Ochoa, desaparecida desde hai días
31 de agosto de 2019 (22:50 h.)
A Policía Nacional apela á colaboración cidadá
A exesquiadora Blanca Fernández Ochoa atópase desaparecida desde hai días e a Policía Nacional apelou este sábado á colaboración cidadá en busca de calquera pista para dar co seu paradoiro.
Non se teñen noticias da que fóra bronce olímpico en Albertville 92 desde o pasado día 23 de agosto, cando foi vista por última vez en Aravaca (Madrid). Ía nun Mercedes clase A.