Buscan á exesquiadora Blanca Fernández Ochoa, desaparecida desde hai días

A Policía Nacional apela á colaboración cidadá
Blanca Fernández Ochoa. ARCHIVO
photo_camera Blanca Fernández Ochoa. ARCHIVO

A exesquiadora Blanca Fernández Ochoa atópase desaparecida desde hai días e a Policía Nacional apelou este sábado á colaboración cidadá en busca de calquera pista para dar co seu paradoiro.

Non se teñen noticias da que fóra bronce olímpico en Albertville 92 desde o pasado día 23 de agosto, cando foi vista por última vez en Aravaca (Madrid). Ía nun Mercedes clase A.

Comentarios